Sociable

XESTIÓN DE BIBLIOTECAS

A biblioteca escolar é un espazo educativo, un centro de recursos documentais multimedia ao servizo da comunidade educativa. Estará integrada no proxecto educativo e no proxecto curricular dos centros e fomentará métodos activos de ensino e aprendizaxe.

 
 
As bibliotecas escolares están interrelacionadas coa ampla rede de bibliotecas e de informacin de acordo cos principios do Manifesto da UNESCO sobre a biblioteca pública. 



Por iso, é importante que as bibliotecas escolares e as bibliotecas públicas traballen xuntas e se beneficien mutuamente, aínda que dada a situacin das bibliotecas públicas, ser a biblioteca escolar a que máis se beneficie deste acordo.

 
 
É recomendable visitar o documento de Bibliografa e ver os libros que hai sobre bibliotecas escolares. Algúns son de carcter xeral e explican o modelo de biblioteca, as súas funcións e como debe integrarse no contexto educativo; outros, máis técnicos, poden servir para realizar correctamente as tarefas típicas do bibliotecario.

 

Unha boa biblioteca escolar serve aos alumnos...

* Facilita que se formen ao seu ritmo, atendendo á diversidade.
* Permite ampliar as explicacións de clase.
* Ensina á traballar con moi diversos documentos e soportes.
* Prepara para utilizar outras bibliotecas.
* Achega as novas tecnoloxías: CD-Rom, Internet,...
* Esperta o gusto pola lectura.



Á comunidade docente a biblioteca axúdalle a...

* Construír o proxecto educativo e facilitar ás profesores a preparación de materiais docentes.
* A formación continuada dos docentes.
* Aproveitar mellor os recursos do centro e compartilos.
* Manterse informados e ao día.
* Acceder fácilmente aos recursos doutras bibliotecas.

MODELO BIBLIOTECA ESCOLAR
Mode Lobe






Biblioteca Escolar Centro Recursos