Sociable

miércoles, 8 de enero de 2014

O HOME DO LUME





O 26 do mes de Novembro estivo connosco o  axente forestal do Distrito IVX de Verín-Viana


 Luis Núñez García para presentarnos o libro "O HOME DO LUME", que ten como principal obxectivo cambiar determinados comportamentos da poboación en relación cos incendios forestais, mediante a participación activa e responsable da cidadanía na protección dos bosques. E, ao mesmo tempo, permite que se tome conciencia do seu uso sustentable para contribuír á protección da biodiversidade, co fin último  de acadar unha redución do número de lumes de orixe intencionada ou neglixente.


 


A campaña céntrase en incrementar a concienciación sobre os incendios forestais e a súa influencia sobre o equilibrio ecolóxico, as perdas que supón en canto á diminución da biodiversidade, da capacidade produtiva do monte, da calidade das augas ou do lecer. Ademais, explícanse cales son as principais causas dos incendios, as medidas de prevención, a regulación do uso do lume e a necesidade da participación da cidadanía na conservación do medio natural.

 

As accións que se levan a cabo dentro deste proxecto fan fincapé nas campañas para aumentar a concienciación, que, por unha banda, van dirixidas á poboación escolar dos centros educativos de Galicia, a través de actividades presenciais, traballos do alumnado con ferramentas web
e a participación en concursos de debuxo e redacción, no caso de que se convoquen.

 







 
O HOME DO LUME by ceipcastinheiro


 Título:
O Home do Lume. Guía de actividades. Educación primaria
Resumo:
Esta publicación consta dun conto e unha guía de actividades, e está dirixida a nenos/as de educación primaria para conciencialos/as sobre os incendios forestais e a súa influencia no equilibrio ecolóxico.
Descargar (5 Mb)
Ano publicación: 2012 | DL: C 7-2013 | Nº páx:: 54




Distrito Forestal XIV. Verín - Viana

Rosalía de Castro, 63-1º e 2º
32600-Verín
Teléfono: 988 411 451
Fax: 988 590 407
  • Demarcación de Verín 1: ayuntamientos de Castrelo do Val e Laza.
  • Demarcación de Verín 2: ayuntamientos de Cualedro, Monterrei, Oímbra, Verín y Vilardevós.
  • Demarcación de Viana 1: ayuntamientos de A Gudiña y A Mezquita.
  • Demarcación de Viana 2: ayuntamientos de Riós, Viana do Bolo y Vilariño de Conso.