Sociable

jueves, 9 de octubre de 2014

CONTOS DE ANIMAIS - SUSA HERRERA NA BIBLIO DO CEIP O CASTIÑEIRO


Cantos animais


Dez animais que nos invitan a mirar, pensar, sentir e aprender. O CD transpórtanos a ambientes musicais de diversos estilos, animándonos a cantar e a bailar. O DVD comparte a experiencia da música e o movemento con niñ@s e adultos que practican a alegría de vivir. Libro+CD+DVD.
Publicado en castelán e en galego.
A actuación "Cantos animais", consiste en cantar-bailar cancións infantís inéditas, baseadas en contos de animais. Antes do comezo de cada unha delas, a autora ensina ao público a cantar o retrouso xunto cunha sinxela coreografía -para realizar sentad@s-, co fin de que nesa parte da canción, tanto o alumnado como o profesorado, participe activamente.



Os Contos cantados de Susa son un estupendo material pedagóxico infantil, lúdico e divertido creado para nenos e nenas de entre 3 e 10 anos. Constan dun libro ilustrado a toda cor, un CD con ritmos musicais relacionados co libro, e un DVD coa música e a coreografía que animan a cantar e a bailar. Tamén indicado para adultos que practican a alegría de vivir.














.........................


Susa Herrera Ruiz

Profesora da Área 'Didáctica dá Expresión Musical' da Universidade de Santiago de Compostela -de 1988 a 1990- e da Universidade deVigo -dende 1990 ata a actualidade.
Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Barcelona (1979).
Título Superior de Piano (Barcelona 1976).
Título Superior de Clavicémbalo (Barcelona 1984).
Diplome Pédagogique en Education Musicale Willems (Lyon 1985).
Diploma de Formación en Rítmica Xaques-Dalcroze (Barcelona 1990).
Formación pedagóxica en escolas de verán sobre educación musical e danza (Xenebra, Salsburgo, Pittsburg, Londres, Estocolmo...).
Formación en linguaxes corporais expresivas (Barcelona, Madrid, Londres, Bos Aires...).
Experiencia docente ininterrompida dende 1982 pasando polos niveis de educación infantil, primaria, secundaria, universitaria e universidade de maiores.
Máis de 200 cursos impartidos en programas de formación inicial e permanente do profesorado en diversos centros do estado español e en países de Europa (Noruega, Portugal) e Latinoamérica (Arxentina, Costa Rica, Cuba, Chile, Guatemala, México, Perú).
Participante habitual en congresos sobre Educación Musical e Educación Física, presentando traballos relativos á Expresión Corporal, a Danza e a unión entre a Música e o Movemento.
Autora dos libros-CD de cancións para contos "Cartas que veñen e van" (2007), "todos os animais ao caixón" (2008) e "Animais enCantadores" (2010) (Editorial PrimerapersonaCoruña. Versións en castelán e en galego), do libro-CD-DVD"En Cabárceno óese cantar" (2012) (Editorial Montañas de Papel. Santander) e do libro-CD-DVD"Cantos animais" / " Cantos animais" (2014).





http://www.susaherrera.com
https://www.facebook.com/susa.herrera.1
http://www.todostuslibros.com/autor/susa-herrera


1 comentario:

  1. Susa Herrera foi a miña profe de didáctica neste cuatrimestre 3º de educación infantil :)

    ResponderEliminar