Sociable

domingo, 20 de mayo de 2012

XOGANDO COS CONTOS: "LA PULGA RUSA"

 

 A mestra do cole Josefa Tapia Fernández contounos de novo un conto, neste caso "La Pulga Rusa".

Polina é a marabillosa pulga rusa e é a estrela do circo de Jetov, un patrón túzaro que maltrata os artistas. Non se salva ninguén da súa despótica dirección, nin os malabaristas, nin o mago, nin os pallasos, nin os trapecistas. Nin a estrela do circo, Polina, que, cada tarde de actuación, toca o acordeón e marabilla os espectadores. Ata que un bo día...

 

A PULGA RUSA e o SEU ACORDEÓN de GEMMA MARTÍ O'TOOLE & NOEMÍ VILLAMUZA(Ilustradora)

Preciosa edición en forma de acordeón para imitar os movementos do instrumento á hora da lectura.


Ademais do argumento principal, a obra intenta transmitir algúns dos valores universais, como a amizade, a solidariedade ou o pacifismo. Así mesmo, presenta unasituación de conflito social de forma moi comprensible e, sempre, en clave de humor.
 MERCAR




O LIBRO
 
Colección: Álbums ilustrados, 72
Información adicional: Libro acordeón de tapa dura e con asas
Idade: a partir de 5 anos
Xénero: Álbum ilustrado
Tamaño (cm): 14,0 x 21,0
Encadernación: Folla pregada

14,90 euros

A AUTOR 

AGemma Martí (autora) (Tordera, 1981): Fabricar historiasiempre ten a súa vida, e o desexo de aprender acontarlas foi o que a levou a Barcelona a cursar primeiro a carreira de comunicación audiovisual e logo un máster deanimación.
En 2005 foise a Londres, onde traballa nunha consultoría creativa explorando formas de colaboración virtuais. Ademais, é voluntaria para o cine máis antigo de Londres, onde edita vídeos sobre a súa historia.
A pulga rusa é o primeiro conto que publica. A parte de escribir historias para nenos e nenas, fai monstros e animais de media.

A ILUSTRADORA

Noemí Villamuza (ilustradora) (Palencia, 1971):


Afeccionada
a debuxar e a despistarse nos estudos dende que era nena, é
a maior de catro irmás. Licenciouse en belas artes na
Universidade de Salamanca, onde encontrou o sentido
profesional ao debuxo: a ilustración.

Despois de ilustrar
moitos libros de texto, finalmente publicou, en Salamanca.

O seuprimeiro conto: Óscar e o león de Correos (Anaya, 1988; Premio Nacional de Literatura Infantil 1999).

Dende 1998 viviu en Barcelona, onde empezou a súa traxectoriaeditorial.

Publicou máis dunha trintena de títulos infantís e xuvenís. No ano
2000 combinou a ilustración coa docencia, primeiro na Escola Superior de Deseño
(BAU) e, dende hai seis anos, impartindo un posgrao de ilustración editorial na

Escola Massana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario