Sociable

domingo, 20 de mayo de 2012

XOGANDO COS CONTOS: "HANSEL E GRETEL"




Seguimos xogando cos contos. Dentro do grupo de traballo do cole "Xogando cos Contos, a mestra Josefa Tapia cóntounos este bonito conto dos Irmáns  no que se nos conta unha historia de Hansel e Gretel, dous irmáns que son abandonados no bosque. Perdidos, encontran unha casiña de chocolate e doces na que vive unha ancianita que os invita a pasar. Os nenos quédanse, pero a ancianita resulta ser unha bruxa que encerra o neno nunha gaiola e o engorda para comelo, mentres a nena ten que facer tarefas.
 
Conseguen aprazar que a bruxa llo coma facéndoa crer que non engorda, mostrándolle un óso de polo coma se fose o dedo do neno, pero a bruxa fártase e decide comerllo igual. Pídelle á nena que prepare o forno, pero esta fai como que non sabe, e cando a bruxa se asoma para ensinalo, a empurra dentro e se queima. Os nenos conseguen fuxir e encontrar o camiño a casa co seu pai.





.......mellor comprobádelo vós mem@s.....

 
FOTOGRAFÍAS CASIÑA DE GOLOSINAS
-Traballo mestres/as-
 



ARGUMENTO

Segundo conta a historia dos irmáns Grimm, Hansel e Gretel eran os fillos dun pobre leñador. Eran unha familia tan pobre que unha noite a nai convence ao pai de abandonar os nenos no bosque, dado que xa non tiñan con que alimentalos. Hansel oíu isto, polo que saíu da súa casa a buscar pedras, coas cales marcou un camiño ao día seguinte cando se dirixían ao bosque. Hansel e Gretel durmíronse, e apenas saíu a Lúa comezaron a camiñar seguindo o camiño que Hansel marcara coas pedras anteriormente. Pola mañá chegaron á súa casa. A súa nai, sorprendida polo feito decide que a próxima vez levarán os nenos aínda máis dentro no bosque, para que non poidan saír de alí e regresar. Hansel, que outra vez escoitou as discusións dos seus pais, decide saír a xuntar pedras novamente, pero esta vez non puido, xa que a porta estaba pechada con chave. Na mañá que foron ao bosque, Hansel marcou un camiño tirando miolos do anaco de pan que a súa nai lle dera, só que esta vez cando saíu a Lúa non puideron volver porque os paxaros comeran o pan. Despois de dous días perdidos no bosque, cando xa non sabían máis que facer, os nenos detéñense a escoitar o canto dun paxaro branco ao cal logo seguen ata chegar a unha casiña feita de pan de xenxibre, pastel e azucre moreno. Hansel e Gretel empezaron a comer, pero o que non sabían era que esta casiña era a trampa dunha vella bruxa para encerralos e logo comelos. Todas as mañás a bruxa facía que Hansel sacase o dedo por entre os barrotes do corte para comprobar que engordara, pero este enganábaa sacando un óso que recollera do piso. Un día, a bruxa decide comer Hansel e manda a Gretel a comprobar que o forno estivese listo para cociñar. A nena decátase da trampa e logra que a bruxa se meta no forno. Ao instante, Gretel empurra a bruxa e pecha o forno. Tras a morte da bruxa, os nenos toman da casa perlas e pedras preciosas e parten a reencontrarse co seu pai, cuxa muller morrera. A súa vida de miseria por fin rematara, dende ese día a familia non sufriu máis fame e todos viviron xuntos e felices para sempre.

FOTOGRAFÍAS CASIÑA DE GOLINOLAS

Cuentos de los Hermanos Grimm - Hansel y Gretel - Español Latino



PARA COLOREAR



 

http://primeropasitoapaso.blogspot.com.es/2010/01/la-casita-de-chocolate-hansel-y-gretel.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario