Sociable

martes, 1 de mayo de 2012

O DÍA DA ÁRBORE E O XORNAL, REFORÉSTATE.

Este ano decidimos para o Día da Árbore facer unha anfaina ata a Base BRIF de Laza que está no Alto da Costa da Rúa a 2 Km. do Pobo.


"A BRIF de Laza, é unha unidade helitransportada contra incendios forestais, que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, pon a disposición das CC.AA para reforzar os seus diferentes operativos no momento necesario. A BRIF de laza, é unha BRIF A, creada no ano 2004 e opera con dous helicópteros, dúas cuadrillas de oito compoñentes e un técnico."







"Os nenos e profesores do CEIP O Castiñeiro de Laza, fixeron unha visita á base BRIF de Laza, nesta visita aprovéitase para celebrar o día da árbore, coa plantación dunha árbore por neno nas instalacións da base.

É moi importante que os nenos saiban como actuar ante as emerxencias e, por desgracia, os incendios forestais no rural Ourensano son unha emerxencia bastante común; os técnicos danlles unha charla sobre como actuar ante os incendios forestais e o perigoso que poden chegar a ser, despois os compañeiros da BRIF-i móstranlles as ferramentas coas que combatemos os incendios forestais e a utilidade de cada unha delas; tamén os pilotos lles mostraron o helicóptero onde se trasladan os bombeiros BRIF e explicáronlles como se utiliza este para a extinción do incendio.

Coas fotos que fixeron durante a visita e algunhas fotos e vídeos que lles cedemos dende este blog, os nenos do cole de Laza, van participar o en concurso de Voz Natura"REFORESTAR TE co seguinte vídeo."



Traballamos dende a Biblioteca cos alumnos/as de 3º ciclo de primaria e co Xornal Dixital de "La Voz de Galicia" buscamos noticias sobre lumes, mellor cos sucesos non Concello de Laza durante os últimos anos xa que é a realizade máis próxima aos alumnos/as.
















Con estas novas e coas fotos que fixemos durante a visita eleboramos o vídeo que esperamos que vos guste.


No hay comentarios:

Publicar un comentario