Sociable

domingo, 20 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012 NO CEIP O CASTIÑEIRO

 
O Día das Letras Galegas (Día dás Letras Galegas en galego) é unha celebración instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear aquelas persoas que destacaran pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa defensa da devandita lingua.

Cada ano dedícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen polo menos dez anos dende o seu falecemento. Dende a instauración desta celebración cultural, soamente en 1998 houbo unha dedicación conxunta aos poetas medievais Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho, famosos polos seus cantigas.

A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día como ese, en 1863, se publicou en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares Galegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural do galego.
É festivo na Comunidade Autónoma de Galicia (España).

..............
 No cole tivemos as seguintes actividade:

-CONCURSO POESÍA E RELATO CURSTO CONCELLO DE VERÍN
-POP ART ROSALÍA DE CASTRO E POESÍA
-VALENTÍN PAZ ANDRADE:
     . CARTEIS
     . MARCAPÁXINAS
     . FICHAS


CONCURSOS CONCELLO VERÍN

 Foto cortesía: Javier Rguez. , IES Taboada Chivite

Gala Músico-Literaria das Letras Galegas que se celebrou  xoves día 17 de maio ás 18h00 (seis da tarde) na Casa da Cultura de Verín. Todos os convocados recolleron no acto os diplomas e os premios que lle corresponderon como finalistas dos certames literarios convocados con motivo do Día das Letras Galegas.

Alumnado finalista do CEIP O Castiñeiro.



Laura Estévez Valcárcel
Nuria Gallego Vaz
Raúl Romasanta Sanmiguel
Damián Requejo López
Adrián Camesella Pazos



Concurso Letras Galegas





Bases Certame Antonio Fdez Perez 2012


POP ART ROSALÍA DE CASTRO



Pop art Rosalía de Castro 2012 colocado na Biblio


Recitado de poesía. 2º Ciclo de Primnaria

 


 VALENTÍN PAZ ANDRADE

Segundo se achega a data do 17 de maio vanse multiplicando as actividades nos centros educativos, a maioría das veces froito da colaboración entre os equipos de Biblioteca, Normalización Lingüística e TIC, un bo exemplo de que a integración dos distintos programas existentes no centro é o camiño a seguir



LIM



 
Boa mostra disto son os materiais que recolle a Secretaría Xeral de Política Lingüística no repositorio de actividades sobre a figura de VALENTÍN PAZ ANDRADE co gallo da celebración do Día das Letras 2012, e que a meirande parte corresponde a actividades xurdidas de programacións conxuntas en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares (CEIP ADR Castelao (Rianxo, A Coruña), CEIP A Ponte (Lugo), CEIP dos Dices (Rois, A Coruña), CPI José García García (Ourense), CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás, Ourense), CEIP de Rebordáns (Tui, Pontevedra), CEIP Condesa de Fenosa (O Barco, Ourense). Deste último centro é o libro interactivo sobre Valentín Paz Andrade da imaxe.

 





FICHAS






 



MARCAPÁXINAS





No hay comentarios:

Publicar un comentario