Sociable

sábado, 19 de mayo de 2012

DÍA MUNDIAL DA POESÍA 2012

O Día Mundial da Poesía é tributo á palabra poética proposto no ano 2001 pola Unesco, celébrase cada 21 de marzo (equinoccio de primavera) co propósito de consagrar a palabra esencial e a reflexión sobre o noso tempo. Este evento que fortalece a cultura no noso planeta realízase en importantes capitais do mundo como París, Ámsterdam, Berlín e Bogotá. En Europa é chamado Primavera dos Poetas e en Colombia a Común Presenza dos Poetas, por ser instituído pola Fundación que leva o mesmo nome, a cal traballa dende hai dúas décadas na promoción do universo poético en Hispanoamérica.

Con numerosos eventos e lecturas múltiples realízanse actos en diversas latitudes do planeta para celebrar tan importante evento por este xénero da literatura, por esa extrema forma de percepción da vida.
A UNESCO lanzou ao mundo o seguinte comunicado para avalar a conmemoración do día mundial da poesía ao instituír ese legado para o mundo:

«É evidente que unha acción mundial a favor da poesía daría un recoñecemento e un impulso novo aos movementos poéticos nacionais, rexionais, e internacionais. Esta acción debería ter como obxectivo principal soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas.»

.......................................

Para celebralo os alumnos/as de 3º ciclo crearon un pequeno poemario que agora vos presentamos.

POEMARIO DÍA MUNDIAL DA POESÍA

No hay comentarios:

Publicar un comentario