Sociable

sábado, 10 de diciembre de 2011

Xestión informatizada da Biblioteca Escolar: Circulación

Circulación

Xestión informatizada da biblioteca escolar

A circulación engloba tanto á xestión de lectores como a de empréstitos e devolucións. Tamén se inclúe unha sección que trata as opcións que nos permiten consultar e facer listaxes ou notificacións aos lectores en base a distintos criterios de selección.
         ................

Ficheiro   Consultas_e_listaxes_de_lectores.pdf    
FicheiroEmprestitos_e_devolucions.pdf
Ficheiro ReclamacionLibros.doc    
Ficheiro  Xestion_de_lectores.pdf

...................
Consultas e Listaxes de Lectores


Emprestitos_e_devolucions ReclamacionLibros Xestion_de_lectores

viernes, 9 de diciembre de 2011

ENREDADOS - CINENSINO 2011/12

 

 
 O programa de Educación en Valores para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos adictivos e comportamentais no eido escolar a través dos medios audiovisuais e as TIC “CINENSINO” englóbase dentro do contexto de Educación para a Saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo. Para iso, o programa debe ser asumido polo centro educativo ao que se lle facilita asesoramento, medios e formación imprescindible para que sexa impartido polo propio profesorado.

Rapunzel, un conto clásico dos Irmáns Grimm, é levado ao cine, unha película de animación, pola Factoría Disney, baixo o título de "Enredados". Hoxe o 5º e 6º Primaria  disfrutamos da proxección na Biblioteca Escolar do centro desta vella historia na que Rapunzel, unha moza a punto de cumprir os dezaoito anos, e cunha longa e fermosísima cabeleira de 21 metros de longo que nunca cortou, vive encerrada nunha torre desde que unha malvada meiga a roubara do seu berce cando era unha pequena bebé.

Este é un dos vídeos promocionais da película. Por certo, no seu texto hai dúas faltas de ortografía, anímaste a atopalas?

E aquí, unha versión do conto. Esta vez, o nome de Rapunzel é Melisa:
Traballamos dende a Biblioteca coa documentación que nos entregou a Traballadora Social do Concello de Laza e da Mancomunidade de Concellos de Verín "Adela" que xa no mes de Outubro se pasou polo cole para darlles una charla aos alumnos/as de 5º e 6º de Primaria dentro do contexto para a Educación para a saúde, segundo os seguintes obxectivos xerais:
  • Reducir a prevalencia e intensidade no consumo de alcohol en menores e adolescentes.
  • Racionalizar o uso das TIC previndo as adiccións sociais e condutas relacionadas
  • Retrasar ou impedir o inicio de condutas adictivas no eido escolar.  
Caderno Alumnado - Cinensino 2011-12 - Enredados

jueves, 1 de diciembre de 2011

Buscas de rexistros bibliográficos. OPAC Meiga

Xestión informatizada da biblioteca escolar
Buscas de rexistros bibliográficos. OPAC Meiga

Unha das operacións máis realizadas sobre o catálogo da nosa biblioteca é a recuperación de datos relativos aos nosos fondos en base a distintos criterios de busca. Así, é frecuente a localización dun libro coñecendo o título ou parte do mesmo, ou do autor, editorial, serie, signatura, autoridade, etc. Para realizar a tarefa de buscas os programas de xestión bibliotecaria incorporan un módulo específico denominado OPAC (en inglés Online Public Access Catalog).

Existen tres productos ou módulos de busca referidos ao programa Proxecto Meiga:

- O módulo OPAC do público incoporado no CD do programa. Este é un programa independiente que se instala no PC e permite a busca de rexistros aos usuarios de xeito sinxelo. Simplemente se indica un ou varios termos de busca e se amosan os resultados na pantalla. Está orientado aos lectores que fan buscas na propia biblioteca ou centro.

OPAC Meiga Do Publico


- O módulo OPAC integrado no programa de xestión bibliotecaria Proxecto Meiga. Este é o módulo integrado no programa e permite facer buscas complexas a partir dun ou varios criterios enlazados entre sí. Está orientado ao personal de rexistro e catalogación da biblioteca.


OPAC_Meiga_integrado





- O módulo OPAC de consulta na web: www.opacmeiga.rbgalicia.org. Este módulo está operativo para aquelas bibliotecas que publican o seu catálogo en este sitio web e permiten buscas de rexistros a calquera usuario con conexión a internet.

OPAC Meiga



VIDEOS EXPLICATIVOS

1.- Facer unha copia de seguridade do catálogo


 
2.- Facer buscas de rexistros co módulo OPAC Meiga
 
3.- Exportación de rexistros
 
4.- Importación de rexistros