Sociable

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Actividades Samaín 2011 - 12 CEIP O Castiñeiro


GUIA DE LECTURAS

SAMAÍN GUIA LECTURAS - samaín 2011



AACTIVIDADES EN ediLIMAA


Traballamos cos alumnos/as nos ordenadores da Biblioteca do centro para informarnos sobre estas celebracións grazas as actividades ediLIM que atopamos nas web, na dirección: http://www.iesfoz.org/actividades/saamaaiin.html.







 CONCURSO DE CABAZAS


 Durante a semana celebramos un concurso de cabazas. Do mesmo xeito que no curso pasado os alumnos/as coa axuda das familias elaboraron nas súas casas as cabazas que foron traendo ao longo da semana e que quedaron expostas no centro. O centro estivo aberto ao público para que poidesen ver as creacións dos alumnso/as.


 DIPLOMA SAMAÍN - HALLOWEEN 2011
Diploma elaborado co sofware libre Gimp: http://the-gimp.softonic.com/

 Os alumnos/as recibiron un diploma so por participar máis os gañadores, un por ciclo recibiron o seu diploma de gañadores máis un agasallo en forma de libro adaptado ao seu ciclo e relacionado con estes temas do Halloween e do Samaín.





TRUCO OU TRATO


O venres 28 de Outubro pola mañá saímos cos alumnos/as polas rúas do pobo de Laza. Os nenos/as disfrazáronse  para a ocasión de morcegos  pedindo doces de porta en porta.

Despois de chamar á porta os nenos/as pronuncian a frase «truco ou trato», truco ou doce ou travesura ou doce (proveniente da expresión inglesa (trick or treat). Se os adultos lles dan caramelos, diñeiro ou calquera outro tipo de recompensa, interprétase que aceptaron o trato. Se pola contra se negan, os rapaces gastaranlles unha pequena broma, sendo a máis común botar ovos ou escuma de afeitar contra a porta. Pero claro está so houbo caramelos.

Previamente colocamos durante a semana carteis avisando desta celebración para que os veciños estivesen atentos á visita dos nenos/as e co percorrido establecido. Os veciños colocaron unhas pequenas cabazas nas portas para que os nenos/as alí petasen.
Todo un exíto!!!
O CENTRO

As titoras traballaron para que o centro estivese acorde as datas e a estas actividades, así quedou o centro.







lunes, 21 de noviembre de 2011

A catalogación directa ou orixinal

 Xestión informatizada da biblioteca escolar
..................................................................

 A catalogación directa ou orixinal
       Etiquetado dos libros
       Copia de seguridade do programa

 ...................................................................

A catalogación directa debe ser o último recurso para engadir documentos a noso catálogo. Os campos que debe cubrir para ter un rexistro minimamente catalogado son os seguintes:
  • ISBN: é un campo importante xa que os contidos na web enlazanse por este valor (portadas, resumes, opinións, etc.)
  • CDU: ainda que o usuario final non ten por que coñecelos a aplicación web os utiliza nas buscas
  • Título: campo obrigatorio
  • Autor e a súa forma normalizada (autoridades)
  • Materias
  • Signaturas1,2 y 3 para a organización física
  • Sección
Procedemento para a catalogación directa

 Catalogacion Directa Ou Orixinal



Etiquetado Dos Libros




COPIA_DE_SEGURIDADE_DA_BASE_DE_DATOS





lunes, 14 de noviembre de 2011

A Catalogación Indirecta ou derivada na Biblioteca Escolar


A catalogación derivada permite descargar descricións bibliográficas de documentos xa catalogados previamente. Estas descricións poden estar xa catalogadas no noso catálogo ou ben de fontes externas. De seguido mostramos os procedementos mais importantes neste tipo de catalogación.
1.- Descargas do Centro Superior Bibliográfico

 Descargas Del Centro Superior Bibliografico


1.1.- Exemplo de Catalogación derivada dun documento xa existente no noso catálogo

1.2.- Exemplo de catalogación derivada dende o Centro Superior Bibliográfico de Galicia
video

Previo a facer descargas derivadas de fontes externas lembre ter preparado o programa para recibir os rexistros descargados no formato de intercambio estandar 2709 (Utilidades > Parámetros do programa > Carpeta de descarga de arquivos en formato 2709)




Descargas Doutros Catalogos Meiga


2.1.- Exemplo de catalogación derivada dende unha biblioteca Meiga.
video


2.2.- Exemplo de catalogación derivada dende varias bibliotecas Meiga (catálogos virtuais)
video


DESCARGAS_DE_REBECA


3.1.- Exemplo de catalogación derivada dende REBECA


video

A CATALOGACIÓN NA BIBLIOTECA ESCOLAR (Introducción)


catalogación é un proceso complicado que necesita de certos coñecementos de Biblioteconomía que na maioría dos casos @s mestres/as e profesores/as responsables da B.E. descoñecemos e imos adquirindo pouco a pouco entre as actividades de formación do profesorado, a práctica ca materia e sobre todo a forza de preguntarmos uns aos outros. Os programas de catalogación como o Proxecto Meiga facilitan a nosa misión xa que nos permiten a Catalogación Indirecta, ou o que é o mesmo, a descarga de rexistros a través da rede.


Nocions Minimas Organizacion de Biblioteca2010

As accións e decisións que deben estar feitas son:

.-Expurgar: Habitualmente nas B. Escolares van parar todos aqueles libros que non sabemos moi ben que facer con eles, libros de plans antigos, donados por Entidades, Organismos e pais/nais que nalgún momento desfixéronse dos libros dos seus/súas fill@s... A Biblioteca ten que ser un lugar activo, atractivo e sobre todo adaptado ao noso alumnado. Por todo iso, antes de nada temos que desfacernos de todo aquilo que non se adapte as nosas necesidades ou non teña un bo aspecto (É moi difícil motivar a lectura con libros vellos, que cheiran mal ou que teñen unha linguaxe non asequible ou desfasada). Na páxina da Asesoría hai unha guía de recursos de selección de materiais
entrar na páxina asesoría B.E - guía.

Decidir se conservan o libro de rexistro existente ou empezan de cero. A decisión é complicada pero moitas veces por respectar o feito por noutros momentos, complicamos en demasía o proceso de informatización. O programa "proxecto Meiga" asigna automáticamente o número de rexistro a medida que o facemos, e sempre o número que nos propoñe e o seguinte ao último realizado. Se respectamos os numeros de rexistro existentes temos que estar moi pendentes do número para evitar que un libro se lle asigne un que non sexa o seu. Por todo iso recoméndase que se o número de rexistros non supera os 2000, é máis fácil empezar de novo.

.- Implantar a CDU (Sistema de Clasificación Universal) como medio de clasificación: Utilizada por todas as Bibliotecas, permite recoller a través de díxitos todas as características dun rexistro. É un dato básico, e dado que as bibliotecas escolares teñen características propias, a Asesoría ten publicada na súa páxina web unha adaptación das táboas da CDU para centros de Primaria e Secundaria, que limita a 3 os díxitos a empregar
entrar na páxina asesoría B. E.



- Signaturas: Aparecen no programa 3 signaturas, dúas delas (2ª e 3ª) cóbrense automáticamente si se cubriron os apartados principais da pantalla de catalogación. Normalmente na 1ª signatura escrébese a CDU de acordo a táboa elixida da mesma, na 2ª as tres primeiras letras do apelido do autor en maiúsculas, e na 3ª as tres primeiras letras do título sen alfabetizar (non contan os artigos, preposicións números..) en minúsculas. O programa permite cambiar ou poñer outros datos, de aí a importancia de fixar previamente o que se quere poñer, xa que estes datos van ser os que aparezan na etiqueta que imprime o programa para poñer no lombo do libro e que constitue o D.N.I do rexistro en cuestión.

.- Seccións: Por defecto, o programa danos dúas: literatura infantil e adultos. E decisión do equipo de biblioteca decidir as seccións pertinentes para a súa biblioteca. Moitos centros de E. P. teñen tantas seccións como ciclos e outros fanno por grupos de IDADE, a cuestión é que sexa operativo para o noso centro e como sempre, nas táboas de CDU recomendadas pola Asesoría, tamén figuran as seccións aconselladas.
Como cargar a lista de seccións

Como Cargar a Lista de Seccions