Sociable

jueves, 20 de octubre de 2011

CONTOS SOLIDARIOS NO CEIP O CASTIÑEIRO



Anxo Moure, o "atrapador de contos" de Chantada estivo no cole de Laza, CEIP O Castiñeiro, cunha nova viaxe ao mundo dos contos solidarios que ven desenvolvendo dende o colectivo chantadino de educación ambiental "Papaventos" (Premio de educación ambiental en Galicia) desenvolve, para a ongd Bicis pola Paz, de Setembro a Decembro nas escolas galegas o proxecto da 12 Aulta Itinerante dos Contos Solidarios que ofertan dun xeito gratuito.



Consiste en desenvolver varias sesións de contacontos adaptadas a todas as idades e moi participativas cunha duración de 40 minutos cada sesión.



Protagonizadas por monicreques elaborados por cooperativas do comercio xusto de Bangladesh, Guatemala, India..., os contos falan do dereito a educación en todo o planteta, das desigualdades sociais, o coidado do medio ambiente. 

Os contacontos entran na escola no seu invento o "PAZtinete" un patinete máxico que dun xeito metafórico leva os nenos de viaxe ata outras culturas para coñecer as suas realidades.


Este ano coincidindo co Ano Internacional dos Bosques cada clase recibe a "Carta dos Bosques" como recordo da visita e un libro "As árbores da paz".
Trátase dunha actividade completamente gratuita xa que está financiada pola convocatoria de fondos de educación para a solidariedade de Cooperación Galega.

Podedes coñecelo na web www.contosolidarios.org