Sociable

viernes, 9 de diciembre de 2011

ENREDADOS - CINENSINO 2011/12

 

 
 O programa de Educación en Valores para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos adictivos e comportamentais no eido escolar a través dos medios audiovisuais e as TIC “CINENSINO” englóbase dentro do contexto de Educación para a Saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo. Para iso, o programa debe ser asumido polo centro educativo ao que se lle facilita asesoramento, medios e formación imprescindible para que sexa impartido polo propio profesorado.

Rapunzel, un conto clásico dos Irmáns Grimm, é levado ao cine, unha película de animación, pola Factoría Disney, baixo o título de "Enredados". Hoxe o 5º e 6º Primaria  disfrutamos da proxección na Biblioteca Escolar do centro desta vella historia na que Rapunzel, unha moza a punto de cumprir os dezaoito anos, e cunha longa e fermosísima cabeleira de 21 metros de longo que nunca cortou, vive encerrada nunha torre desde que unha malvada meiga a roubara do seu berce cando era unha pequena bebé.

Este é un dos vídeos promocionais da película. Por certo, no seu texto hai dúas faltas de ortografía, anímaste a atopalas?

E aquí, unha versión do conto. Esta vez, o nome de Rapunzel é Melisa:
Traballamos dende a Biblioteca coa documentación que nos entregou a Traballadora Social do Concello de Laza e da Mancomunidade de Concellos de Verín "Adela" que xa no mes de Outubro se pasou polo cole para darlles una charla aos alumnos/as de 5º e 6º de Primaria dentro do contexto para a Educación para a saúde, segundo os seguintes obxectivos xerais:
  • Reducir a prevalencia e intensidade no consumo de alcohol en menores e adolescentes.
  • Racionalizar o uso das TIC previndo as adiccións sociais e condutas relacionadas
  • Retrasar ou impedir o inicio de condutas adictivas no eido escolar.  
Caderno Alumnado - Cinensino 2011-12 - Enredados

No hay comentarios:

Publicar un comentario