Sociable

jueves, 1 de diciembre de 2011

Buscas de rexistros bibliográficos. OPAC Meiga

Xestión informatizada da biblioteca escolar
Buscas de rexistros bibliográficos. OPAC Meiga

Unha das operacións máis realizadas sobre o catálogo da nosa biblioteca é a recuperación de datos relativos aos nosos fondos en base a distintos criterios de busca. Así, é frecuente a localización dun libro coñecendo o título ou parte do mesmo, ou do autor, editorial, serie, signatura, autoridade, etc. Para realizar a tarefa de buscas os programas de xestión bibliotecaria incorporan un módulo específico denominado OPAC (en inglés Online Public Access Catalog).

Existen tres productos ou módulos de busca referidos ao programa Proxecto Meiga:

- O módulo OPAC do público incoporado no CD do programa. Este é un programa independiente que se instala no PC e permite a busca de rexistros aos usuarios de xeito sinxelo. Simplemente se indica un ou varios termos de busca e se amosan os resultados na pantalla. Está orientado aos lectores que fan buscas na propia biblioteca ou centro.

OPAC Meiga Do Publico


- O módulo OPAC integrado no programa de xestión bibliotecaria Proxecto Meiga. Este é o módulo integrado no programa e permite facer buscas complexas a partir dun ou varios criterios enlazados entre sí. Está orientado ao personal de rexistro e catalogación da biblioteca.


OPAC_Meiga_integrado





- O módulo OPAC de consulta na web: www.opacmeiga.rbgalicia.org. Este módulo está operativo para aquelas bibliotecas que publican o seu catálogo en este sitio web e permiten buscas de rexistros a calquera usuario con conexión a internet.

OPAC Meiga



VIDEOS EXPLICATIVOS

1.- Facer unha copia de seguridade do catálogo


 
2.- Facer buscas de rexistros co módulo OPAC Meiga
 
3.- Exportación de rexistros
 
4.- Importación de rexistros




No hay comentarios:

Publicar un comentario