Sociable

lunes, 14 de noviembre de 2011

A CATALOGACIÓN NA BIBLIOTECA ESCOLAR (Introducción)


catalogación é un proceso complicado que necesita de certos coñecementos de Biblioteconomía que na maioría dos casos @s mestres/as e profesores/as responsables da B.E. descoñecemos e imos adquirindo pouco a pouco entre as actividades de formación do profesorado, a práctica ca materia e sobre todo a forza de preguntarmos uns aos outros. Os programas de catalogación como o Proxecto Meiga facilitan a nosa misión xa que nos permiten a Catalogación Indirecta, ou o que é o mesmo, a descarga de rexistros a través da rede.


Nocions Minimas Organizacion de Biblioteca2010

As accións e decisións que deben estar feitas son:

.-Expurgar: Habitualmente nas B. Escolares van parar todos aqueles libros que non sabemos moi ben que facer con eles, libros de plans antigos, donados por Entidades, Organismos e pais/nais que nalgún momento desfixéronse dos libros dos seus/súas fill@s... A Biblioteca ten que ser un lugar activo, atractivo e sobre todo adaptado ao noso alumnado. Por todo iso, antes de nada temos que desfacernos de todo aquilo que non se adapte as nosas necesidades ou non teña un bo aspecto (É moi difícil motivar a lectura con libros vellos, que cheiran mal ou que teñen unha linguaxe non asequible ou desfasada). Na páxina da Asesoría hai unha guía de recursos de selección de materiais
entrar na páxina asesoría B.E - guía.

Decidir se conservan o libro de rexistro existente ou empezan de cero. A decisión é complicada pero moitas veces por respectar o feito por noutros momentos, complicamos en demasía o proceso de informatización. O programa "proxecto Meiga" asigna automáticamente o número de rexistro a medida que o facemos, e sempre o número que nos propoñe e o seguinte ao último realizado. Se respectamos os numeros de rexistro existentes temos que estar moi pendentes do número para evitar que un libro se lle asigne un que non sexa o seu. Por todo iso recoméndase que se o número de rexistros non supera os 2000, é máis fácil empezar de novo.

.- Implantar a CDU (Sistema de Clasificación Universal) como medio de clasificación: Utilizada por todas as Bibliotecas, permite recoller a través de díxitos todas as características dun rexistro. É un dato básico, e dado que as bibliotecas escolares teñen características propias, a Asesoría ten publicada na súa páxina web unha adaptación das táboas da CDU para centros de Primaria e Secundaria, que limita a 3 os díxitos a empregar
entrar na páxina asesoría B. E.



- Signaturas: Aparecen no programa 3 signaturas, dúas delas (2ª e 3ª) cóbrense automáticamente si se cubriron os apartados principais da pantalla de catalogación. Normalmente na 1ª signatura escrébese a CDU de acordo a táboa elixida da mesma, na 2ª as tres primeiras letras do apelido do autor en maiúsculas, e na 3ª as tres primeiras letras do título sen alfabetizar (non contan os artigos, preposicións números..) en minúsculas. O programa permite cambiar ou poñer outros datos, de aí a importancia de fixar previamente o que se quere poñer, xa que estes datos van ser os que aparezan na etiqueta que imprime o programa para poñer no lombo do libro e que constitue o D.N.I do rexistro en cuestión.

.- Seccións: Por defecto, o programa danos dúas: literatura infantil e adultos. E decisión do equipo de biblioteca decidir as seccións pertinentes para a súa biblioteca. Moitos centros de E. P. teñen tantas seccións como ciclos e outros fanno por grupos de IDADE, a cuestión é que sexa operativo para o noso centro e como sempre, nas táboas de CDU recomendadas pola Asesoría, tamén figuran as seccións aconselladas.
Como cargar a lista de seccións

Como Cargar a Lista de Seccions

No hay comentarios:

Publicar un comentario