Sociable

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Actividades Samaín 2011 - 12 CEIP O Castiñeiro


GUIA DE LECTURAS

SAMAÍN GUIA LECTURAS - samaín 2011



AACTIVIDADES EN ediLIMAA


Traballamos cos alumnos/as nos ordenadores da Biblioteca do centro para informarnos sobre estas celebracións grazas as actividades ediLIM que atopamos nas web, na dirección: http://www.iesfoz.org/actividades/saamaaiin.html.







 CONCURSO DE CABAZAS


 Durante a semana celebramos un concurso de cabazas. Do mesmo xeito que no curso pasado os alumnos/as coa axuda das familias elaboraron nas súas casas as cabazas que foron traendo ao longo da semana e que quedaron expostas no centro. O centro estivo aberto ao público para que poidesen ver as creacións dos alumnso/as.


 DIPLOMA SAMAÍN - HALLOWEEN 2011
Diploma elaborado co sofware libre Gimp: http://the-gimp.softonic.com/

 Os alumnos/as recibiron un diploma so por participar máis os gañadores, un por ciclo recibiron o seu diploma de gañadores máis un agasallo en forma de libro adaptado ao seu ciclo e relacionado con estes temas do Halloween e do Samaín.





TRUCO OU TRATO


O venres 28 de Outubro pola mañá saímos cos alumnos/as polas rúas do pobo de Laza. Os nenos/as disfrazáronse  para a ocasión de morcegos  pedindo doces de porta en porta.

Despois de chamar á porta os nenos/as pronuncian a frase «truco ou trato», truco ou doce ou travesura ou doce (proveniente da expresión inglesa (trick or treat). Se os adultos lles dan caramelos, diñeiro ou calquera outro tipo de recompensa, interprétase que aceptaron o trato. Se pola contra se negan, os rapaces gastaranlles unha pequena broma, sendo a máis común botar ovos ou escuma de afeitar contra a porta. Pero claro está so houbo caramelos.

Previamente colocamos durante a semana carteis avisando desta celebración para que os veciños estivesen atentos á visita dos nenos/as e co percorrido establecido. Os veciños colocaron unhas pequenas cabazas nas portas para que os nenos/as alí petasen.
Todo un exíto!!!
O CENTRO

As titoras traballaron para que o centro estivese acorde as datas e a estas actividades, así quedou o centro.







No hay comentarios:

Publicar un comentario