Sociable

martes, 27 de septiembre de 2011

PROXECTO LECTOR 2011-12 CEIP O CASTIÑEIRO

Hoxe en día considérase que a lectura é algo esencial e imprescindible, xa que é necesario estar preparado para asimilar, comprender e analizar a cantidade de mensaxes que a diario se reciben, e poder darlle unha resposta o máis critica posible. 
As deficiencias de comprensión e a utilización da lectura como unha simple técnica do desciframento, son a principal base do fenómeno do fracaso escolar, por iso consideramos como un obxectivo prioritario dentro do Currículo de Primaria o desenvolvemento da competencia lectoescritora (comprensión, reflexión, capacidade crítica, busca de información, análise etc.) para que a consecución de óptimos niveis funcionais neste ámbito incida nos gustos lectores do alumnado e na lectura como práctica continuada. 
Partindo da nosa realidade, (ámbito socio-cultural, motivación do alumnado, intereses dos pais.....) pensamos na necesidade de facer máis fincapé no desenvolvemento desta competencia coa finalidade de crear e afianzar no alumnado hábitos lectores , buscando a ser posible o compromiso coas familias.


PLAN LECTOR 2011-12 CEIP O CASTIÑEIRO - LAZA



Incluimos neste proxecto o PLAMBE para o curso 2011-12 que xa nos foi aprobado e cunha dotación de 6.000€.

No hay comentarios:

Publicar un comentario