Sociable

sábado, 4 de junio de 2011

ANIMACIÓN Á LECTURA. TEATRO: "INDO PARA O SAMAÍN"

INDO PARA O SAMAÍN


No Festival do Nadal do 2010 represenamos no CEIP O Castiñeiro de Laza esta obriña sobre o Samaín.

 
Carlos e Sabela Labraña: Indo para o Samaín
Ilustracións de Fernando L. Juárez
Col. Montaña Encantada. Serie Azul. Ed. Everest Galicia. León, 2002

 A acción desenvólvese nun único acto e os personaxes están relacionados cos elementos característicos do Samaín: cabazas, castañas, o outono.
video
  
No medio do campo hai tres cabazas; un grupo de nenos achégase a elas coa intención de transformalas en fermosas caveiras coas que desfilar a noite de Samaín. A máis pequena non lles gusta, porque é algo deforme e ela séntese humillada; a súa tristeza e soidade conmoven unha mazaroca, que lle propón ir xuntas á festa. No camiño van facendo novos compañeiros (as castañas, o vento, as follas das árbores) para continuar a peregrinaxe. Paran a descansar e entran en escena un avó e mais o neto. O neno séntese desgraciado por non ter unha cabaza para a festa e o avó, ó ver a que había alí abandonada, talla nela unha preciosa caveira. Todos chegan puntuais a Cedeira para gozar do Samaín e a pequena cabaza resulta ser unha das caveiras máis fermosas, mesmo para aqueles nenos que a rexeitaran. Ela é a encargada de ensinarlles a realidade dos conceptos feo e fermoso.


 DIÁLOGOS

Rapaz 1: ¡Mirade alí!, ¿vedes o mesmo ca min?
Rapaza: ¡Cabazas!
Rapaz 2: Xa era hora, co gallo da festa do Samaín, non dabamos atopado ningunha. (Achéganse a collelas).
Rapaz 1: A grande pídoa eu. (Á cabaza) Contigo vou tallar unha caveira arrepiente.
Rapaza: Esta para min; vou facer con ela un trasno trouleiro.
Imos escachar coa risa.
Rapaz 2: (Desganado) A cabaza que queda é pequecha…..
Rapaz 1: ¡Cóllea!, non hai tempo para buscar máis.
Rapaz 2: ¡Boh!, se non serve para nada.
Rapaza: Non sexas parvo, xa verás como podes tallar unha boa caveira. Só depende da túa imaxinación.
Rapaz 2: ¡Mira que lista! Se tanto che gusta, queda ti con ela. 
Rapaza: Ti fuches o último.
Rapaz 2: Pois eu non a quero; é pequecha, rabuda e retorta.
(Á cabaza) Aí quedas, xa atoparei outra.
Rapaz 1: Bulide, que nos é moita hora. (Os rapaces saen).
(A cabaza que quedou comeza a laiarse)
Mazaroca: ¿Qué che pasa ruliña?
Cabaza: ¿Son eu así? ¿Pequecha, rabuda e retorta?
Mazaroca: non lles fagas caso a ese raparigos, eles si que son rabudos e retortos.
(A cabaza cala un anaco, despois comeza de novo a choromicar).
Mazaroca: E agora, ¿Qué tes?
Cabaza: Eu tamén quería ir ó Samaín. Din que é unha festa tan rexoubeira.
Mazaroca: Iso pódese arranxcar.
Cabaza:¿Cómo?
Mazaroca: deixando de laiar e indo cara aló.
Cabaza: ¿eu?, se non sei o camiño.
Mazaroca: non tes máis que seguir os rapaces.
Cabaza: ¡Ai! ¿Soa? ¡Ata me mete medo pensalo!
Mazaroca: ¡Serás mexericas! A min tamén me gustaría ver o Samaín, podiamos ir xuntas. (Comezan a andar).
Cabaza: ¿Ves os rapaces?
Mazaroca: Non, coido que os perdemos.
Cabaza: E agora, ¿Qué imos facer?
Mazaroca: Escoita, aí vén alguén, preguntarémoslle.
(Entran unha morea de follas de árbore escorregando polo chan).
Cabaza e mazaroca: ¡Ola!
Follas: ¡Olaaaa!
Cabaza: ¿Quen sodes vós?
Follas: somos as follas do carballo…..
Mazaroca: e logo, ¿non podedes estar quedas?
Follas: Non……, empúrranos o vento de outonoooo….
Cabaza. Ó mellor sabedes por ónde se vai á festa do Samaín.
Follas: Quen volo ha saber é o vento…., el leva percorridos
tantos luagareeesss…. (Berran todas xuntas) ¡ Ventooo…!
¡Ventoooo….!
Vento: ¿Quen chama por min?
Cabaza: A cabaza pequecha, que quere ir a festa do
Samaín, pero non sabe o camiño.
Vento: Ide cara ó solpor, atoparedes un souto grande. Alí
volvede preguntar.
Folla: Eu veño de aló e sei o camiño. Se tedes conta de
min, para que non me leve o vento, vou con vós. ¡Vide
atrás miña! ¡Chegamos!
Cabaza: Aquí non hai ninguén…..,
Folla: Pero seguro que o castiñeiro, que ten moitos,
moitísimos anos, coñece o camiño. Mais está a durmir e
ten moi mal xenio cando esperta.
Mazaroca: Pois haino que espertar de todos os xeitos.
Todas: ¡Esperta, vello castiñeiro! ¡Esperta!
Castiñeiro: ¡Por ourizos pechos e castañas pilongas!,
¿quen chama por min?
Cabaza: A cabaza pequecha, que quere ir a festa do
Samaín, pero non sabe o camiño.
Castiñeiro: ¡Hum! Non queda lonxe. Baixades polo val e alí
no pobo do Irixo, tedes a festa.
Cabaza, mazaroca e folla: ¡Ben! Imos chegar con tempo.
Castiñeiro: (bocexando) ¡Pasádeo ben!
Cabaza, Mazaroca e Folla: ¡Adeus!
Castiñeiro: ¡Adeus! A ver se agora me deixan durmir dunha
vez.
Todas(Cantando) ¡Imos para o Samaín! ¡Imos para o
Samaín!
(Escóitanse voces. Todos os personaxes, caen ó chan
inanimados. (Entra un avó co seu netiño)
Avó: Xa non ha faltar moito para chegarmos á festa.
Neto: pero avó, eu non teño cabaza…..
Avó: non padezas por iso, ímolo pasar ben de calquera
xeito.
Neto: Non vai ser o mesmo. Levo todo o ano á espera do
Samaín e facíame tanta ilusión tallar a miña caveira….
Avó: Prométoche que o ano que vén… (ve a cabaza no
chan) ….que este ano imos tallar a caveira máis fermosa
de toda a festa. ¡Mira aí!
Neto: ¡Unha cabaza!
Avó: (colléndoa do chan) ¡E vaia cabaza!
Neto: Está un chisco torta….
Avó: ¡que dis oh! Ímola tallar e xa verás que ben queda.
(Saen. Mazaroca eFolla reviven).
Folla: Levaron a cabaza…..
Mazaroca: Non hai que poñerse triste. Cabaza conseguiu o
que quería; seguro que vai ser unha caveira ben fermosa.
Veña, deixarse de lerias e andando.
Folla: ¿Tras deles?
Mazaroca: ¡Claro! Nós tamén imos ó Samaín….. (saen)
Rapaz 1: ¡Uuuuhh! ¿gústavos a miña caveira? ¿Non é
terrorífica?
Rapaza. E o meu trasno, ¿non vos parece rebuldeiro?
Rapaz 2: Este ano non atopei unha cabaza axeitada, pero o
ano que vén hei ter a mellor caveira.
Rapaz 1: ¡Mirade aquela caveira!
Rapaza. ¡É impresionante!
Rapaz 2: Oxalá fose miña….
Cabaza: ¡Pero ese non é….!
Rapaz 1: moito se parece a aquela que deixaches no terreo.
Rapaza: xa cho dicía eu, que cun chisco de imaxinación….
Cabaza: ¡Rabudo!
Rapaz 2: Non vos fagades os simpáticos.
Cabaza: ¡Retortooo!
Rapaz 2: ¡Parade oh! Que me estades a asustar.
Rapaz 1: Eu non dixen nada…
Rapaza: Nin eu….
Rapaz 2: Daquela ¿quen foi?
Cabaza: ( berrando) ¡Rabudos! ¡Retortooos!
Todos: A caveira está enmeigada! ¡Aaahhh!
(Os rapaces foxen ás présas. Mazaroca e Folla érguense rindo)
Folla: Foi estupendo!
Mazaroca: ¿Cómo o fixeches?
Cabaza: Non o sei, estou tan abraiada coma vós. Se cadra foi a maxia…….
Todas: …..da noite do Samaín.



 TRABALLO NA AULA


DÍPTICO SAMAÍN 2010


A Festa Das Cabazas

No hay comentarios:

Publicar un comentario