Sociable

martes, 17 de mayo de 2011

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VERÍN

Nun dos puntos do noso PLAMBE, Plan de Mellora para a Biblioteca Escolar que comezamos neste curso 2010-11 programaouse unha visita a unha Biblioteca Pública e dado que no Concello de Laza non hai decidimos visitar a de Verín.




 A visita fixémola onte 11 de Maio de 2011, onte puidemos comprobar as melloras que se fixeron, a súa distribución, a catalogación dos libros, as zona de lectura, a zona infantil e a zona multimedia que está a espera de melloras.




Os responsables da Biblioteca atendéronnos con moita cordialidade e ao remate agasalláronnos con dous contos que escoitamos com moita atención.


 





Tomamos nota do que vimos para porder mellora-la nosa.

1 comentario:

  1. Dende a Biblioteca do IES Castro de Baronceli, noraboa polo blog e polo traballo que facedes cos rapaces. Moito ánimo.

    ResponderEliminar