Sociable

jueves, 19 de mayo de 2011

2ª DOAZÓN NA BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP O CASTIÑEIRO

As boas novas non cesan. A  asociación de Pais e Nais do CEIP O Castiñeiro de Laza doou un ordenador para a Biblioteca do Cole que se pon a disposición de tódolos usuarios da Biblioteca Escolar.


O seu sistema operativo vai selo Linux Ubuntu e con software libre. Quedou colocado na zona infantil.

A pantalla corre a cargo do Cole. 

Características: CPU Ordenador sobremesa caixa MicroATX

- Caixa MicroATX
- Cpu Intel Pentium Dual Core E5700 a 3 Ghz
- Placa base Gigabyte MicroATX Chipset Intel
- Disco Duro 500 Gb SATA2
- Regrabadora DVD-/+RW Dual doble Capa
- Lector de tarjetas todo nun
- Teclado logitech
- Rato optico Logitech
- Altavoces autoamplificados


A este ordenador  instalámoslle o sistema operativo Linux Ubuntu 11.04, sistema libre e gratuíto.



Lembrarvos que tódolos ordenadores da Biblioteca teñen acceso a internet WIFI.

Con este xa son 4 os ordenadores que temos na Biblioteca. Dous mercados grazas ao PLAMBE e un máis antigo adicado só a consulta  co sistema operativo Windows XP e ao que lle instalamos o Software do Meiga.




Ordenadores PLAMBE
Moitas Grazas pola vosa colaboración e lembrarvos que os pais, nais e titores/as legais do alumnos/as teñen o dereito de poder utiliza-la biblioteca escolar do colexio. NORMAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario