Sociable

jueves, 14 de abril de 2011

BARCHILAS VIAXEIRAS – PUNTO DE LECTURA

PROXECTO: BARCHILAS VIAXEIRAS – PUNTO DE LECTURA
PLAMBE 2010-11

Co fin de promover a lectura, no CEIP  CASTIÑEIRO de Laza vimos  de por en marcha para o fomento da lectura un proxecto piloto, dentro do Plan de Mellora da Biblioteca Escolar,  en colaboración coas cafeterías e bares de Laza  que consiste en ler libros en cando imos cos papás, mamás, avós, avoas,… a tomar un descanso a unha cafetería ou bar.
Distintivo que atoparás na entrada do local
 
Do mesmo xeito que os maiores poden ler o xornal, nós podemos atopar libros en galego,castelán ou inglés para pasar un bo anaco. Despois volvemos a colocalo no seu lugar e ata outro día.
Distintivo que atoparás no local
Sempre que vexas o cartel que aparece máis abaixo poderás escoller entre varios títulos para disfrutar da lectura. 



Logo poderás anotar o teu nome no final do libro  de rexistro e acadar o carné de lectura de simpatizante da Biblioteca Escolar do CEIP O Castiñeiro de Laza.

Barchilas Viaxeiras - Punto de Lectura Infantil Rexistro Carnes Simpatizantes



O local rexitra os carnes de simpatizante que se entregan. Non hai norma para netregar carnes, o propietario entrega o carné segundo a asiduidade do lector/a, como premio.

 

 Busca os puntos de lectura máis próximos e ponte a ler!!!
  • Taberna do Ardillas (P.Piloto)
  • ……………………………..
  • ……………………………..
 A idea é amplialo no 3º trimestre do curso 2010-11 aos seguintes locais
  • Bar Descanso do Peregrino
  • Bar da Picota
  • Bar de Cimadevila
  • Bar o Peliqueiro
No vindeiro curso tocaríalle aos locais do pobos do Concello de Laza.
O establecemento autorizado conta cun carné de Colaborador que certifica o seu compromiso.



Para poñer en marcha o proxecto preparamos unhas mochilas, mellor dito, "BARCHILAS", con diferentes títulos adaptados ás diferentes niveis de Infantil e Primaria. Cada caixa contén varios títulos moi atractivos para esas idades.

 



      Queredes ver como nos quedaron ao final?
   

        Estes son algúns dos libros que poderedes atopar...


  • LAS AMBICIONES DE LUCKY
  • LOS SOLDADOS
  • PINOCHO
  • INCENDIOS  FORESTALES (CÓMIC)
  • VUELO 714 PARA SIDNEY
  • EL PRÍNCIPE MERCADER, KI-MET Y EL REY, EL ENANO JORABADO
  • TOPO GIGIO Y EL AUTOMÓVIL
  • LA BELLA DURMIENTE
  • A TORRE DO RELOXIO
  • HASSAN, EL CORDELERO. MARTÍN Y PEPÓN, EL PEQUEÑO JUEZ
  • LA PEQUEÑA CICINERA
  • LA CIUDAD PERDIDA
  • BESTIARIO FANTÁSTICO
  • MILA EN LA NIEVE
  • EL VALIENTE SOLDADITO DE PLOMO
  • EL VIENTO Y EL REY. EL SACRIFICIO DE HIMAYA
  • CONTRASTES. CADA DÍA APRENDO ALGO
  • ALMENDRITA
  • EL LEJANO OESTE
  • EL FRIJOL MÁGICO
  • EL NIÑO LLORÓN
  • LOS TIGRES DE MOMORACEM
  • EL GARAGE DE LOS ANIMALES
  • LOA HIJOS DEL CAPITÁN GRANT
  • EL PUENTE
  • LA LUUVIA QUE LLOVIÓ POR PRIMERA VEZ













E aquí tedes as fotografías da cafetería co punto de lectura co que pomos en marcha esta idea.









 Aquí podes ver un plano de Laza



TABERNA DO ARDILLAS  (LAZA)

Os libros que se entregan apúntanse no rexistro da Biblioteca Escolar en papel e apuntaranse como entregas no programa "Meiga da Biblioteca". O establecemento contará cun carné de COLABORADOR.

REXISTRO BARCHILAS VIAXEIRAS - PUNTO DE LECTURA INFANTIL

O propietario do local, cando se proceda a renovación, xeralmente cada trimetre anotará as observacións pertinentes. Logo o equipo da biblioteca tomará as decisións oportunas segundo estas indicacións para facer unha nova lista e entrega de libros.


Este programa debe renovarse no mes de setembro co comezo do curso escolar.

OBSERVACIÓNS REXISTRO BARCHILAS VIAXEIRAS



Fonte: idea sacada CEIP de Bergantiños
http://endlbergantinhos.blogspot.com/2011/02/proxecto-punto-de-lectura.html

1 comentario:

  1. EXCELENTE TRABALLO!! NON TEMOS PALABRAS!!!EN LAZA SI QUE SODES VOS PROFESIONAIS! XA VEREDES COMO TANTO TRABALLO PAGA A PENA. PARABÉNS!!!
    EDLG CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO

    ResponderEliminar