Sociable

sábado, 15 de enero de 2011

O SOLDADIÑO DE CHUMBO

O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Editorial: Galaxia -  Colección: Árbore Cinema - 40 páx.-Capa dura - PVP: 24.00 € 
 ISBN: 978-84-9865-323-6  - Data: novembro - Publicación: 2010 - 1ª Edición
    

 
  http://www.editorialgalaxia.com/catalogo/libro.php?id_libro=0011260001
  O soldadiño de chumbo
Andersen, Hans Christian

Adaptación de Xavier Senín a partir da curtametraxe dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde
CURTAMETRAXE
Trátase dunha adaptación do clásico de Andersen aos novos formatos dixitais levada a cabo por Xabier Senín a partires da multipremiada curtametraxe animada feita por Continental Producciones e Algarabía Animación. Os deseños son de Alfonso Costa, a música de Emilio Aragón e as voces de Manuel Manquiña e Luis Piedrahita.
A ambientación: no museo do xoguete de Allariz


Ano 2008 / 12 min.
Dirección: Virginia Curiá e Tomás Conde
Produtor: Pancho Casal
Producida por Continental Producións e Algarabía
Produtora executiva: Chelo Loureiro
Música orixinal: Emilio Aragón
Deseño de personaxes: Alfonso Costa
Baseada nun relato de H.C. Andersen
Sinopse: Fermosa adaptación do clásico de Hans Christian Andersen. Os xoguetes e as figuras deseñadas en plastilina cobran vida ata lograr unha historia que chegará a emocionarte.
O detalle: O actor e director Emilio Aragón compuxo unha banda sonora digna de escoitar con atención.



 LIBRO (MÁIS)

Tareixa Alonso: Soldadiño de chumbo
Ilustracións de Antonio Caíña

Col. Vos Contose do Trasno. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2002

18 páx. -22 x 22 cm. ISBN 84-8464-055-8

Nesta adaptación a partir do texto de Andersen cóntase que había unha vez unha caixa con vinte e cinco soldados de chumbo, dos que un era diferente: faltáballe unha perna! Xunto a eles, á porta dun castelo de xoguete había unha bailarina cunha fita conun pequeno brillante. Ao chegar a noite, cando todos os xoguetes empezaron a moverse, a bailarina e o soldadito permaneceron quietos, sen deixar de mirarse. Ás doce, un boneco que se asomou dende unha caixa ordenoulle ao soldadito que esquecera á bailarina. Pero el non lle fixo caso. á mañá seguinte, apareceu colocado xunto á ventá e, quizais por culpa do vento, ou quizais do boneco orgulloso, caeu á rúa. Recollérono dous nenos, botándoo nun barquito de papel por un regato de lagua da chuvia. Tragouno un sumidoiro e a corrente conduciuno ata o mar. Alí, un peixe enorme o engulló. El seguiu pensando na fermosa bailarina.

De pronto, alguén abriu o peixe e sacouno, colocándoo enriba dunha mesa, onde tamén estaba a bailarina. Emocionados, miráronse e, quizais por culpa do orgulloso, botárono á cheminea. Ardía, sen deixar de mirar á súa amada, cando unha corrente de aire a arrastrou tamén a ela. Arderon xuntos.
Á mañá seguinte, ao limpar a cheminea, encontraron, unidos para sempre, un pequeno brillante queimado e un anaquiño de chumbo con forma de corazón.




No hay comentarios:

Publicar un comentario