Sociable

sábado, 22 de enero de 2011

EU TAMÉN FUN PELIQUEIRO DE LAZA

Ánxela Gracián: Eu tamén fun peliqueiro de Laza
Ilustracións de Coquixo
Col. Punto de encontro. Everest Galicia
A Coruña, 2001
................... 

 Nesta novela-crónica de Ánxela Gracián (Castroverde-Lugo, 1968) preséntanos con todo detalle o entroido de Laza. Como se trata dunha festa tradicional de moito colorido e diversión, Coquixo optou por mostrarnos unhas ilustracións moi realistas axeitadas ao texto. Tomando como inspiración o entroido de Laza e a figura dos peliqueiros, tan coñecidos e admirados, descríbenos  como se vive neste pobo ourensán esta festa tradicional e ao mesmo tempo a vida, vestimenta, actividade... dos peliqueiros, e mesmo como son considerados pola conciencia popular, sendo eles a alma mater da celebración.

No relato, Alberto, o protagonista, reivindica e defende o seu dereito a dedicarse á farándula, á diversión, á fantasía e á sabedoría popular, despois de herdar por convicción os saberes da súa avoa. Dáselle tamén importancia á transmisión dos costumes que van pasando de xeración en xeración e fan que a cultura dun pobo siga viva tanto no día a día coma na mente das persoas.


Ánxela Gracián


Ánxela Gracián (Castroverde, 1968) é escritora de literatura infantil e tradutora. Ten publicados numerosas traducións para o galego, como Memorias de Adriano (1998) de Margarite Yourcenar ou Corto Maltés. Balada do mar salgado (2006) de Hugo Pratt. Foi gañadora da VIIª edición do Premio Plácido Castro (2008) pola súa tradución d’ A illa misteriosa de Jules Verne. Entre os seus títulos de literatura infantil citamos Cos petos cheos de cinza (1988), As bolboretas douradas (1999), Eu tamén fun peliqueiro de Laza (2000), Chis chisgarabís (2004), A toupiña cegarata (2005), Nun lugar chamado labirinto (2005, Lista The White Ravens 2006) e Pinga de choiva (Xerais 2009).
 

22.11.2009

 


.................


Que misterios hai no entroido? Que foi o que te levou a escribir "Eu tamén fun peliqueiro de Laza"?
 
Nesa novela convertín a miña pequena aldea de Lugo en Laza. A avoa do rapaz protagonista é un referente porque lle achega a súa presenza, o seu cariño, unha visión inxenua do mundo pero tamén moi rica. Vin cando se gravou a película Martes de Carnaval en Compostela, baseada na obra de Valle Inclán. Os peliqueiros aparecían correndo coas chocas pola praza da Quintana. Cando visitei o entroido de Laza sucedeu o encontro con ese mundo visual, colorido, acústico. Quedei fascinada. Tiña moito carácter dramático. Aos peliqueiros non se lles pode tocar. Son inviolables. 
.....................

No hay comentarios:

Publicar un comentario