Sociable

domingo, 28 de noviembre de 2010

CARLOS COIRA - "ABRAPALABRA"

Carlos Coira é un libreiro lucense que rexenta a Librería TRAMA, a única librería de Lugo que organiza sesións de contacontos, cursos de narración, presentacións e colaboracións diversas con periódicos, colexios...
 


Tamén é fundador de Tris Tram, editorial que nace en 1994 coa vocación de traducir ó galego relatos breves da literatura universal, pezas de autores como Dickens, Poe, Hoffmann ou Balzac que apenas tiñan presencia no noso panorama literario.
 

En paralelo a esta liña editorial foron nacendo outras –poesía, teatro, ensaio– que recollen textos de autores contemporáneos galegos coa característica común de ofrecer unha visión propia e clara deste tempo e deste lugar.

Coira é un profesional interesado no fomento de la lectura dende os máis pequenos e dende as familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario