Sociable

domingo, 28 de noviembre de 2010

ABRAPALABRA NO CEIP CASTIÑEIRO DE LAZA

 O martes 16 de novembro, o mago Carlos Coira fixo, en directo, sen trampa nin cartón, múltiples trucos a través dos que gozar da maxia das palabras, pero, tamén, aprender maxia dun xeito divertido e sobre todo, moi doado. Porque, a ver, cantos libros hai no mundo capaces de sosterse de pé?. É o que ten a maxia, que nos permite facer este tipo de cousas.







Todo esto fíxose no salón de actos da Casa do Concello xa que como sabedes estamos traballando  na nosa Biblioteca grazas ao plan de mellora.

Esta actividade estivo moi ben, os nenos e nenas pasárono en grande, foi una nova experiencia, novedosa, relacionar a maxia coa lingua.Cada neno recibíu un agasallo, un libro con estas actividades.

Esperamos que nos volvan a facer unha visita.



http://www.xunta.es/linguagalega/bocaberta

No hay comentarios:

Publicar un comentario