Sociable

domingo, 14 de noviembre de 2010

12 PASOS PARA POR EN MARCHA A BIBLIOTECA ESCOLAR - I

1. Coñecer que bibliotecas temos e saber que biblioteca queremos.

Análise da situación de partida (recursos humanos dispoñibles, características da colección, equipamento, uso, etc.).
Reconceptualización da biblioteca escolar como centro de recursos para o ensino e o aprendizaxe.


2. Distribuír espazos, situar equipamento.

. Elaborar un plano da biblioteca con as distribucións de áreas, zonas, seccións...
. Crear un ambiente acolledor.
. Procurar situar a biblioteca en planta baixa con acceso directo dende a rúa ou ben en planta alta, con dispoñibilidade de ascensores ou ramplas que eviten barreiras arquitectónicas.
. En caso de adquisición de mobiliario,asesorarse previamente e non aproveitar mobiliario inadecuado.
. Procurar poñer rodas nas estantes baixos que dividen zonas.
. Coherencia ao colocar os estantes no espazo, creando e separando zonas: de lectura, de consulta e estudo, telemática, canto infantil, zona xuvenil, etc.
. Coherencia a distribuír o fondo enos estantes: as máis baixas para os pequenos, obras de referencias xuntas, vitrinas para a colección de audiovisuais...


3. Sinalizar espazos, áreas e seccións

. Proporcionalidade entre tamaño e importancia da mensaxe.
. Uso de vocabulario normalizado.
. Homoxeneización e elección de tamaño de letra, cor, tipo...
. Non saturar con información innecesaria.
. Non esquecer as cores correspondentes a temas e idades.



4. Recompilar toda a documentación dispersa e levala (provisionalmente) á
biblioteca para realizar o proceso técnico


. É fundamental centralizar a colección para un mellor acceso a ela.
. Non se pretende quedarnos cos documentos.
. Non hai excepcións, todos os documentos son todos.
. Habilitar no centro puntos para arquivos de documentos.


5. Realizar un primeiro expurgo
 
Materiais susceptibles de expurgo:


. Publicacións antigas (revistas, monográficos, suplementos, guías informativas...).
. Materiais repetidos, salvo grupos de libros do mesmo título cos que se poden crear unha sección para fomento da lectura, traballo en grupo...
. Documentos de información pouco relevante ou escaso interese, non actualizados.
. Fondos de pouca calidade informativa (propostas, documentos de debate, boletíns, etc.), pouco elaborados informacionalmente.
. Documentos deteriorados, rotos ou desgastados con dificultades para a súa restauración.
. Material en formato antigo e en desuso (disquetes de ¾, vinilos, sistema beta, casetes,…).


Non tiralos nin os doar ata rematar todo o proceso, pódese cambiar de opinión.
Comprobar que o documento pertence á etapa educativa do alumnado do centro.



..................

Fonte:
http://www.ceposunaecija.org/upload/mat_educativo/09_02_25_21_46_41.pdf
 
 





No hay comentarios:

Publicar un comentario